Thursday 25 de April de 2024

O ‘xenerais da Ulla’ de Bama reviven o próximo domingo, 16 de febreiro, o seu tradicional ‘Domingo de Corredor’


 

O Entroido no Concello de Touro comenza a súa andaina. A parroquia de Bama revive o próximo 16 de febreiro o domingo de ‘corredor’, unha das celebracións que ten como protagonistas aos ‘xenerais da Ulla’, que a súa vez lembran a batalla entre o xeneral amotinado Solís e o xeneral que capitaneaba as forzas leais á raiña Isabel II. Será unha das principais citas do ‘Entroido’ deste ano no Concello de Touro, que se completará coa ‘Antroidada’ dos ‘xenerais da Ulla’ da parroquia de Fao, previsto para o 25 de febreiro, martes de Carnaval, e co desfile de Xenerais na feira do día 5 de marzo en Fonte Díaz.

A ‘parranda’, composta por medio centear de xóvenes da parroquia de Bama vestidos con traxes regionais e disfraces, será a encargada de dar o pistoletazo de saída ao carnaval de Bama. Comenzará ás 10.30 horas o percorrido polas diferentes aldeas da parroquia durante a mañán. Seguiránlle ás 12.30 horas os ‘Xenerais da Ulla’ e o correo, que sairán dende o Café-bar Xesteira. Xa ás 16.30 horas os ‘Xenerais da Ulla’ desfilarán a cabalo no campo da festa de Bama. A ‘parranda’ cantará unhas coplas. E posteriormente volverán a aparecer os ‘Xenerais da Ulla’. Éstos discutirán, como manda a tradición, sobre “os enfrentamentos que hai no mundo”. Logo será o turno da vellada, onde os maiores da parroquia representan aos políticos e os seus enfrontamentos. Xa ao final da celebración, na que participan arredor dun centenar de veciños, aparece o ‘frade’ que afronta o ‘pregón’, coplas que contan o que preocupa os xóvenes da parroquia.